Vida
Vida

Os viaxeiros a Francia, moi pendentes da convocatoria de folga xeral deste martes
27/03/2023 14:39
Temen que o transporte público se vexa afectado polas protestas contra a reforma das pensións

Denuncian o estado de abandono en que se atopa o barrio coruñés do Martinete
27/03/2023 13:56
Din que levan anos con investimento cero na zona
Non teñen en mente medidas de presión, pero si queren que os escoiten

Sánchez promete o apoio do Goberno para reparar os danos do lume de Castelló
26/03/2023 21:48
O lume segue en situación moi crítica polos fortes refachos de vento e a baixa humidade relativa, inferior ao 20 por cento
Os servizos de extinción afrontan hoxe o día máis complicado polas condicións meteorolóxicas

Ourense celebra o San Lázaro e a queima das Madamitas
26/03/2023 21:37
"Non sei de ningún punto de España en que haxa algo igual a isto; o máis similar, as Fallas, pero isto está máis comprimido".
Tanto como as Fallas non é, pero, desde logo, expectación non falta. Aquí son moitos os que hoxe non poden evitar botar a vista atrás.
"Lázaro, Ramos e en Pascuas estamos. O San Lázaro sempre atrae moita xente".
Moita xente e moito ambiente nas rúas. A festa, contan, algo foi mudando co tempo, pero en esencia todo segue igual.
"Daquela había uns gaiteiros, despois houbo bandas, pero agora vai doutra forma".
Tradición no San Lázaro é tamén a queima das Madamitas.
"Para darlle a benvida á primavera, supoño. Hai que seguir coa tradición e co que se facía antes, e que non morra".
Un espectáculo pirotécnico co que contan queda atrás todo o malo e dáse a benvida á primavera entre ruído, pólvora, fume e fogos de artificio.
E antes de marchar...
"É típico vir para as rosquillas aquí o domingo, encántanme, están riquísimas".
A celebración ten tamén o seu lado relixioso, pero é sobre todo tradición. Unha festa para grandes e pequenos que serve ademais para albiscar cada ano a chegada da Semana Santa.

Os colexios de médicos advirten do "número importante" de vindeiras xubilacións
26/03/2023 20:52
Contratos estables e poder conciliar, as claves para garantir a remuda xeracional dos médicos
O presidente do Consello Galego de Colexios Médicos destaca que o Sergas está "a dar pasos no último ano" para intentar reter facultativos con melloras retributivas

A Coruña estrea a conexión aérea con Xenebra e o martes abre outra con Milán
26/03/2023 16:31
easyJet inaugurou este domingo o enlace con Alvedro, que operará ata marzo de 2026 con dous voos semanais, os xoves e os domingos

A festa da Reconquista de Vigo quenta motores nas vésperas do 28 de marzo
26/03/2023 16:27
Domingo de música, obradoiros e desfile das tropas napoleónicas pola zona vella da cidade
O prato forte chega a vindeira fin de semana co mercado tradicional e coa expulsión dos franceses

Os turistas internacionais volven ao Camiño un ano máis
26/03/2023 15:31
Un grupo de estudantes británicos descobren por primeira vez as excelencias da ruta xacobea

Friol exalta o queixo e o pan de Ousá nunha feira con 29 anos de historia
26/03/2023 14:44
Están elaborados con receitas que non cambiaron co paso do tempo
A cita estrea a declaración de Festa de Interese Turístico galego

O medio maratón Vig-Bay dispútase este ano con 4.200 corredores nun día primaveral
26/03/2023 13:52
Gañaron Jorge Puig, nunha hora e sete minutos, e Alice Finot, nunha hora e quince minutos