Motor

Jorge Prado asina a mellor actuación no AMA Pro Motocrós
29/06/2025 09:05
Acabou de quinto na xeral no Gran Premio de Southwick e pelexou cos primeiros da clasificación

Rubén Fernández, cuarto no Gran Premio de Gran Bretaña
22/06/2025 22:54
O galego é o cuarto na xeral do Mundial a 28 puntos de Coldenhoff

A chuvia frea a progresión de Jorge Prado no circuíto de High Point
15/06/2025 09:26
O lugués acabou de 17º na cuarta proba do Pro Motocrós dos Estados Unidos despois de baixar as prestacións nunha segunda manga marcada pola intensa choiva

Javier Pardo triunfa na casa e gaña o Rally de Ourense
14/06/2025 17:57
O piloto de Allariz convértese no primeiro local que gaña a proba do CER en corenta anos
A saída de pista de Cohete Suárez, cando ía líder, despexoulle o camiño ao triunfo
Dani Berdomás rematou se segundo a máis de minuto e medio

Comeza o Rally de Ourense, con Javier Pardo facendo o mellor tempo
13/06/2025 14:58
Esta tarde haberá dobre pasada por Taboadela, polo treito A Merca-Celanova e por Toén

Víctor Senra, gran favorito no Rally de Pontevedra, que comeza hoxe
06/06/2025 13:18
A Escuadra Corredoira Team organiza este evento que reunirá máis de 140 equipos rexistrados, récord de inscrición

Rubén Fernández estará na grella de saída en Kegums, Letonia
06/06/2025 12:01
Fernández foi declarado apto para competir en Kegums tras recuperarse da forte caída que sufriu en Alemaña
A caída de Rubén Fernández obrígao a abandonar en Alemaña
01/06/2025 17:13
O piloto galego, que partía no quinto posto na carreira de cualificación, caeu na manga inicial e non puido recuperarse dun golpe no ombreiro
Vitoria no Grande Premio para o mítico Jeffrey Herlings que adiantou nas últimas voltas a Coenen

Jorge Prado regresa á competición cun sexto posto no AMA Pro Motocrós
25/05/2025 11:25
Superados os problemas no ombreiro, o piloto de Lugo comezou a segunda fase da temporada pelexando entre os mellores

Rubén Fernández repite no podio diante dos seareiros galegos
11/05/2025 17:44
O Grande Premio de Lugo volveu amosar a mellor versión do piloto galego que acabou de terceiro, só por detrás de Febvre e Coenen