Sucesos
Dous feridos tras unha colisión entre dous coches e un camión no Porriño
17/10/2026 10:58
Aconteceu no quilómetro 22 da A-55, en sentido Tui, á altura de San Salvador de Budiño
Desmanteladas nove narcovivendas con armas de guerra no seu interior en Granada
17/10/2026 10:26
Os investigadores traballan agora para determinar a procedencia das armas e da munición, comprobar a súa posible vinculación con outros feitos delituosos
Desartellada unha gardería loxística do narcotráfico no concello gaditano de Conil
17/10/2026 10:24
A Garda Civil detivo cinco persoas e confiscou 10.000 litros de gasolina gardados para abastecer forabordas
Tamén interviu unha embarcación substraída, unha furgoneta de alugueiro e varios bidóns estancos
Arde un coche en Nigrán nun lume que, sospeitan, puido ser intencionado
17/10/2026 08:25
O turismo estaba aparcado na rúa Monteferro de Panxón e quedou calcinado
A familia propietaria tentou sufocar as lapas pero foi necesaria a intervención dos bombeiros
O rally do San Froilán deixa tres feridos en Outeiro de Rei ao soltarse a roda dun coche
16/10/2026 21:20
Aínda que un deles tivo que ir ao hospital, ningún dos feridos está grave
16/10/2026 19:58
Na primeira condena, á facultativa se lle impuxo unha pena de 3 anos de cadea e 6 de inhabilitación
O alto tribunal estima os recursos de apelación ao ter en conta testemuños de responsables informáticos do complexo hospitalario que subliñaron que non se podía saber se accedeu a algún dato
Detido por roubar 3.000 metros de cable de cobre da iluminación pública de Ponteareas
16/10/2026 18:49
O arrestado vendeu nas chatarrerías do municipio 161 quilos de cobre por 966 euros
Os veciños do barrio de Bugarín sorprenderon ao home manipulando cableado e chegaron a retelo pero logrou fuxir
Colas quilométricas na AP-9 á altura de Vigo tras un accidente por alcance entre tres coches en Teis
16/10/2026 17:08
Non houbo que lamentar feridos
16/10/2026 16:45
Consideran probado que fixo un desvío continuado de fondos en beneficio propio por un total de 36.562,93 euros
A empresa creouse para comercializar e envasar o marisco capturado polos mariñeiros da confraría de San Antonio de Cambados
Hostaleiros de Pontevedra alertan dun aumento de furtos en terrazas do centro histórico
16/10/2026 14:40
Os roubos de bolsos ao descoido repítense nas últimas semanas, en especial desde o campionato de tríatlon
Recoméndanlle á clientela que non sexa tan confiada e coide máis das súas pertenzas