Jorge Prado regresa á competición cun sexto posto no AMA Pro Motocrós
Superados os problemas no ombreiro o piloto de Lugo comezou a segunda fase da temporada pelexando entre os mellores
Comezou a temporada de 2025 do AMA Pro Motocrós, a segunda competición deste ano nos Estados Unidos e á que se engancha desde o principio Jorge Prado despois de perder a primeira parte por unha lesión de ombreiro. Malia non estar totalmente recuperado o piloto galego demostrou un bo estado de forma e pelexou entre os mellores.
Jett Lawrence foi o dominador no circuíto de Fox Raceway ao impoñerse nas dúas carreiras. Nas oito participacións que tivo neste lugar conseguiu a vitoria. Por detrás estiveron Eli Tomac e Hunter Lawrence. Jorge Prado acabou no sexto posto na xeral demostrando unha gran regularidade. Prado foi o oitavo na cualificación, sétimo na primeira manga e quinto na segunda. Unha prometedora estrea que deixa ás claras que pode loitar por acadar podios neste campionato.