A caída de Rubén Fernández obrígao a abandonar en Alemaña
O piloto galego, que partía no quinto posto na carreira de cualificación, caeu na manga inicial e non puido recuperarse dun golpe no ombreiro
Vitoria no Grande Premio para o mítico Jeffrey Herlings que adiantou nas últimas voltas a Coenen
Mala sorte para o piloto vigués Rubén Fernández que se viu na obriga de abandonar no Grande Premio de Alemaña. Afrontaba unha fin de semana crucial na que podía subir dous postos na clasificación xeral e colocarse de terceiro pero saíulle todo mal ao galego.
Despois dunha boa cualificación na que rematou co quinto mellor rexistro, deu os primeiros xiros da carreira no grupo dianteiro pero unha mala manobra mandouno contra o chan e sufriu un golpe que o apartou da competición.
A vitoria no Grande Premio foi para Jeffrey Herlings. O mítico piloto dos Países Baixos lembrou o de hai anos cunha gran loita con Lucas Coenen que se decidiu a prol de Herlings nas últimas curvas. O líder do Mundial Romain Febvre estivo nun discreto terceiro posto sen arriscar demasiado pero sumando unha xornada máis á fronte.
