A chuvia frea a progresión de Jorge Prado no circuíto de High Point
O lugués acabou de 17º na cuarta proba do Pro Motocrós dos Estados Unidos despois de baixar as prestacións nunha segunda manga marcada pola intensa choiva
En terreo embarrado non acaba de atoparse cómodo o piloto lugués Jorge Prado. Na cuarta proba puntuable do Pro Motocrós dos Estados Unidos o galego rexistrou o seu peor resultado da temporada cun 17º posto, moi lonxe dos mellores tempos. E iso que fixo unha gran cualificación logrando o mellor tempo na súa manga.
Na carreira non puido manter esas boas sensacións. O dominio foi dos irmáns Lawrence, con vitoria de Jett e segundo posto para Hunter. Prado saiu ben pero non conseguiu manter o ritmo de cabeza e acabou no duodécimo posto. Peor lle foron as cousas na segunda manga na que os Lawrence volveron a marcar os mellores tempos -clara vitoria de Jett ao final- e con Prado afundido no 23º posto.