Empresa

O comisario de Pesca, Costas Kadis, (e) a secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura e Pesca, Isabel Artime, visitaron este venres a lonxa de Vigo. EFE / Salvador Sas

Conxemar pídelle a Kadis reforzar subministración de materias primas e apoio financeiro ao sector

11/07/2025 16:53

Reclámalle á Comisión Europea medidas para garantir a dispoñibilidade de produtos pesqueiros e asegurar condicións de mercado equilibradas para a transformación e comercialización en Europa

Conxemar, con sede en Vigo, representa 230 empresas cunha facturación conxunta superior a 11.900 millóns de euros


As empresas galegas aspiran a exportar o 40% da produción

10/07/2025 14:52

'Galicia, economía aberta', un encontro de empresarios na Toxa

A busca de novos mercados e a atracción de talento ás empresas, entre as claves de futuro 

Na última década duplicáronse as exportacións galegas ata chegar aos 30.000 millóns de euros


Ozoaqua sitúa a Galicia na elite da dermocosmética internacional

05/07/2025 15:08

Os laboratorios Ozoaqua recibiron un novo premio iDermo pola crema corporal de aceite ozonizado Ozobaby

O xurado está formado por farmacéuticos, especialistas en dermatoloxía e consumidores

Os aceites ozonizados teñen múltiples propiedades: efecto antiinflamatorio, cicatrizante, hixienizante, calmante e reparador da barreira cutánea


Emprendedores e expertos comparten experiencias no Encontro de Empresarios Galegos polo Mundo na Toxa

03/07/2025 14:54

Os emprendedores buscan oportunidades no exterior nun contexto mundial incerto


Vigo será sede do novo Centro de Excelencia Aeroespacial e de Defensa de Indra

01/07/2025 15:37

Creará máis de 200 empregos directos 

Instalarase no edificio 2 do Centro de Negocios da Zona Franca e estará operativo en 2026


Zara inaugura na Coruña unha impactante instalación cinética da artista británica Es Devlin

01/07/2025 10:40

A obra pode contemplarse desde o Observatorio da Cúpula Atlántica, situada no Monte de San Pedro

A instalación forma parte da programación que a firma téxtil ten organizada co gallo do seu 50 aniversario


Unha gasolineira YPF nunha rúa de Bos Aires (Foto de arquivo/Europa Press)

A Xustiza de Estados Unidos ordena á Arxentina entregar o 51 % de YPF a dous fondos

30/06/2025 21:38

Os títulos usaranse como parte de pago da sentenza por 16.000 millóns de dólares pola estatización da petroleira en 2012


O BBVA mantén a súa opa sobre o Sabadell malia as condicións do Goberno

30/06/2025 18:50

A entidade quere que os accionistas do Sabadell decidan canto antes o seu futuro

O Executivo esixe manter ambas as entidades separadas polo menos durante tres anos

Etiquetas:  BANCA   BBVA   SABADELL

Unha das dúas únicas explotacións de magnesita de España está no concello lugués do Incio

27/06/2025 14:17

A magnesita ten múltiples usos tanto industriais como alimentarios. É un dos ingredientes que se emprega na produción de pensos para animais.

O xacemento do Incio leva máis de 60 anos activo e as prospeccións estiman que ten mineral suficiente para que a explotación continúe activa outros 25 anos máis

Etiquetas:  MINARÍA

Imaxe de traballadores do obradoiro de Pan da Moa en Santiago de Compostela

Unha panadaría compostelá di estar abocada a pechar os luns por falta de persoal

27/06/2025 13:52

Os propietarios aseguran que decidiron optar polo peche un día á semana para non sobrecargar o cadro de persoal e manter a calidade do produto

Publicidade
Publicidade