Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xornada de sorpresas na Copa co pase de Athletic e Mallorca ás semifinais

Xornada de sorpresas na Copa co pase de Athletic e Mallorca ás semifinais

O Athletic derrotou o Barcelona (4-2) na prórroga con dous goles dos irmáns Williams

O Mallorca sorprendeu no primeiro tempo ao Xirona e entra na semifinal (3-2)

G24.gal 25/01/2024 07:12

Saían o Barcelona e o Xirona como favoritos pero non estarán nas semifinais de Copa. O Athletic e o Mallorca tiñan o factor campo ao seu favor e aproveitárono para meterse nas semifinais. 

Nun partido espectacular, o Athletic derrotou ao Barcelona na prórroga (4-2). Guruzeta adiantou o equipo vasco, remontaron os cataláns cos tantos de Lewandowski e Yamal no primeiro tempo e Sancet levou o partido ao tempo suplementario. 

Nesa prórroga decidiron os irmáns Williams, Iñaki e Nico, que con cadanseu gol provocaron o delirio en San Mamés.

Gran primeiro tempo do Mallorca

O Mallorca eliminou ao Xirona (3-2) grazas a unha primeira metade pletórica na que conseguiron poñerse cun 3-0 (Larin e dous de Abdón Prats). Os da illa sufriron a expulsión de Raíllo e viron como Stuani e Savinho recortaban diferenzas pero aguantaron e gozarán dunhas semifinais de Copa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar