Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños da avenida de Madrid, en Vigo, denuncian que circulan baixo un noiro perigoso

Veciños da avenida de Madrid, en Vigo, denuncian que circulan baixo un noiro perigoso

Advirten do risco de camiñar entre as barreiras de seguridade preto dos coches

G24.gal 07/09/2022 15:39

Centos de persoas pasan a diario por este punto da avenida de Madrid. Hai case catro anos o muro que está pegado á beirarrúa empezou a ceder, polo que o Concello tivo que tomar medidas polo risco de derrubamento. Despois de todo este tempo, o noiro segue ser arranxarse.  

A medida de seguridade que se tomou para evitar o risco son estas barreiras no medio da estrada, pola que circula un gran volume de tráfico. Os viandantes prefiren pasar pola beirarrúa, pegados ao noiro que camiñar a carón dos coches que, segundo din, circulan a gran velocidade.  

Trátase dun lugar moi transitado tanto polos veciños como polos visitantes que se dirixen á estación de autobuses. Todos eles pídenlle ao Concello unha solución urxente. Mentres, os viandantes seguen camiñando con temor baixo ameaza dun noiro inestable.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade