Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gasolineiras da comarca da Coruña alertan da circulación de billetes falsos

Gasolineiras da comarca da Coruña alertan da circulación de billetes falsos

O último intento de fraude sucedeu o 28 de abril nunha gasolineira de Arteixo

Noutras dúas gasolineiras de Oleiros tamén intentaron pagar con billetes falsos

G24.gal 30/04/2023 19:36 Última actualización 30/04/2023 20:06

Nunha gasolineira de Sabón, no concello de Arteixo, intentaron botar combustible empregando billetes falsos. Sucedeu o venres pasado. O condutor sacou un feixe de billetes de 50 euros e escolleu un en concreto, o que espertou as sospeitas da empregada.

“Sacou 10 billetes de 50 ou así, e cando sacas un feixe normalmente colles os primeiros, non te pos a mirar. Pareceume raro. Compareinos e pareceume raro o que non era verdadeiro, paseille o rotulador e vin que era falso. Nin se sorprendeu nin nada”, explica Joana Giménez, empregada da gasolineira.

Noutras dúas gasolineiras do concello de Oleiros tamén intentaron recargar recentemente empregando billetes falsos. Ante estes últimos casos, as estacións de servizo da comarca están extremando as precaucións, e dan a alerta cada vez que detectan un intento de fraude.

“Aquí tamén o intentaron, o que pasa é que nos poñemos en contacto axiña por WhatsApp ou así para avisarnos os uns aos outros do que pasa e da matrícula do coche”, explica Luís García, empregado doutra gasolineira.

Ollando a tras luz un billete de curso legal e un billete falso co que conseguiron pagar nunha das gasolineiras afectadas, pódese comprobar que o auténtico ten unha marca de auga co retrato da Deusa Europa e un fío de seguridade.

Outro elemento que permite distinguilos é a rugosidade dos dous laterais, inexistente nos billetes falsos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade