Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha muller dá a luz no interior do seu coche mentres se dirixía ao hospital

Unha muller dá a luz no interior do seu coche mentres se dirixía ao hospital

Os sanitarios comprobaron que tanto a nai como a pequena estaban perfectamente

O parto tivo lugar de madrugada nunha estrada de Madrid 

Imaxe de Emerxencias Madrid Imaxe de Emerxencias Madrid
G24.gal 10/05/2026 15:27

Unha muller deu a luz este domingo no interior do seu coche cando se dirixía ao hospital na beiravía da estrada A4, en Madrid, un pouco antes da ligazón coa M30, segundo informaron fontes de Emerxencias Madrid.

Os feitos ocorreron ao redor das 02.30 horas da madrugada, cando o pai do bebé tivo que parar o coche na beirarrúa, pouco antes de que os equipos de Samur-Protección Civil chegasen ao lugar. A recén nacida chamouse Clara.

Os sanitarios comprobaron que tanto a nai como a pequena estaban perfectamente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade