Cargando resultados...
Unha colisión de dous coches no Incio deixa dous conductores hospitalizados
Un deles tivo que ser trasladado nun helicóptero medicalizado
G24.gal
31/05/2026 20:35
Un condutor tivo que ser traslado nun helicóptero medicalizado tras a colisión de dous vehículos na estrada de entrada ao pobo de Vilasouto, no Incio.
O accidente produciuse pouco antes das 15:00 da tarde e ata o lugar dos feitos desprazáronse efectivos da Garda Civil de Trafico, o sanitarios do 061 e voluntarios de Protección Civil do Incio.
O ocupante do outro vehículo requiriu tamén de asistencia sanitaria e foi evacuado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.