Publicador de contidos

Publicador de contidos

As vacacións cambiaron moito co paso das décadas

As vacacións cambiaron moito co paso das décadas

O turista actual busca escapadas ben organizadas

G24.gal 31/05/2026 21:04

Seguro que moitos o lembran. Chegaba o verán e todos ao 600. Familias enteiras moi xuntiñas nun coche que hoxe sería considerado como un microcar. O certo é que as tendencias van cambiando e hoxe o turista busca outra cousa.

"Buscan algo máis organizado. A xente chega xa co planing da viaxe feita e nos días que teñen contratados saben onde van ir", comenta o dono da Casa Rural Caraxolas, Iván Darriba.

É un turismo de calidade e non de cantidade. A xente busca desconectar e non pelexarse por un anaco de praia. Cambios tamén na duración, agora somos moito máis de escapadas.

"Marchar a fin de semana encántame, prefiro unha viaxe máis curta e gozar da gastronomía e do viño con tranquilidade", comentan moitos turistas.

Así que xa saben, o verán está xa a volta da esquina e toca desconectar despois dun ano de traballo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade