Os investigadores dubidan de que a morte da nena de Sevilla fose un caso de violencia vicaria
A policía descarta que o suceso responda a un suposto caso de violencia vicaria ou de xénero, e apuntan máis ben a unha posible neglixencia
O grupo de homicidios, que se fixo cargo do caso tras o falecemento da nena o pasado vernes, agarda os resultados da autopsia
Xiro no caso do bebé que morreu con graves queimaduras no baño en Sevilla. A investigación descarta que o mozo da nai sexa o responsable e mantén todas as hipóteses abertas.
A nai da pequena Leyre ratificábase ante as cámaras en responsabilizar da morte do bebé o seu exnoivo, que non era pai biolóxico da nena. Asegura que foi el quen a queimou con auga case fervendo mentres a bañaba.
"Dígolle que fixo coa miña nena e dime que non sabe o que lle pasou pola cabeza. Se fose un accidente, se queimase as mans..., pero tiña todo abrasado", afirma Andrea Burdalo, nai de Leyre.
Pero segundo publican algúns medios, citando fontes da investigación, a policía descarta que o suceso responda a un suposto caso de violencia vicaria ou de xénero, e apuntan máis ben a unha posible neglixencia.
O grupo de homicidios, que se fixo cargo do caso tras o falecemento da nena o pasado vernes, agarda os resultados da autopsia.
A pequena Leyre pasou dous meses no hospital tratando as graves queimaduras que sufriu no 60 por cento do seu corpo, ata que o pasado venres faleceu polas complicacións dunha das seis intervencións cirúrxicas ás que foi sometida.