Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un prolongado silencio en Traspinedo, en memoria de Esther López

Un prolongado silencio en Traspinedo, en memoria de Esther López

Centos de veciños concentráronse na praza do concello para gardar cinco minutos de silencio 

A familia de Esther agradeceu nunha carta aberta o apoio recibido e pediu respecto á súa dor

G24.gal 06/02/2022 20:49

A localidade de Traspinedo segue consternada tras o achado do cadáver de Esther López despois de 24 días de intensa busca. Este mediodía a corporación muncipal decretaba tres días de loito oficial e centos de veciños concentrábanse na praza do concello. Alí gardaban un prolongado silencio dedicado á memoria de Esther. Piden que se faga xustiza.

Ás doce da mañá o concello de Traspinedo, localidade dalgo máis de 1.100 habitantes, celebraba un pleno extraordinario no que declaraba tres días de loito oficial para amosar a dor pola tráxica morte de Esther López. 

A corporación municipal gardaba un minuto de silencio. O alcalde dedicaba despois unhas emotivas palabras a Esther e pedía "xustiza".

"Esther nunca esqueceremos o teu eterno sorriso e non imos parar ata que se faga xustiza. Ten por seguro que a vila vai estar sempre á altura por ti e pola túa familia", dixo Javier Fernández, alcalde de Traspinedo.

Na praza do concello flores, candeas, crespóns negros e bandeiras a media hasta acompañaban unha fotografía de Esther.

Alí concentrábanse centos de veciños e achegados da familia que gardaban un silencio prolongado de cinco minutos, só roto ao final cun longo aplauso, como mostra de apoio e afecto á familia. O alcalde volvía pedir paciencia e calma aos veciños para deixar traballar aos investigadores.

"Desde un concello, unha institución pública o que hai que pedir é que haxa temperanza e mesura e que se deixe traballar á Xustiza. É un caso tráxico e é a Xustiza  a que ten que ditaminar como foron os feitos e se hai algún culpable que saia á luz", incidiu Javier Fernández.

Entre os veciños á dor e á indignación uniuse a incerteza ante un caso con moitos interrogantes aínda por esclarecer.

A familia de Esther agradeceu este domingo nunha carta aberta o apoio recibido e pedía respecto á súa dor para "chorar na intimidade" a morte da súa filla.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade