Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Orde de San Francisco de Viveiro saca en procesión cinco pasos

A Orde de San Francisco de Viveiro saca en procesión cinco pasos

Nesta procesión desfilaron os pasos da Cea, da Oración do Horto, da Flaxelación, do Ecce Homo e da Virxe das Dores

Emoción a pesar das ausencias na procesión da Santa Cea de Cangas

G24.gal 14/04/2022 17:44

Dentro da Semana Santa de Viveiro, este Xoves Santo tivo lugar a proceisón da Última Cea. Saíu ás 19:30 da igrexa de San Francisco e o percorrendo foi: Avenida de Cervantes, Margarita Pardo de Cela, Praza Maior, Nicomedes Pastor Díaz, Almirante Chicarro, Avenida de Lourdes, Irmáns Vilar Ponte, Avenida de Cervantes e retirada na igrexa de San Francisco.

Nesta procesión desfilaron os pasos da Cea, da Oración do Horto, da Flaxelación, do Ecce Homo e da Virxe das Dores. O grupo escultórico do Paso da Cea, obra do imaxineiro nado en San Cibrao das Viña, Juan Sarmiento, foi esculpido no ano 1808 e toma como modelos a mariñeiros do seu lugar natal. 

O grupo escultórico do Paso da Oración do Horto foi esculpido no século XVII por autor descoñecido da escola de Gregorio Fernández; posteriormente, no ano 1977, cámbiase o pequeno anxo que tiña por un de tamaño natural esculpido polo imaxineiro viveirense, Juan Luís Otero Fernández.

A imaxe do Paso da Flaxelación, obra do imaxineiro valenciano José Tena, foi esculpida no ano 1908 e tamén é coñecida como “O Cristo da Columna”. A imaxe do Paso do Ecce Homo, obra do imaxineiro compostelán José Rivas Rodríguez, foi esculpida no ano 1950.

A imaxe do Paso da Virxe das Dores foi esculpida no ano 1741 por autor descoñecido e viste unha impresionante túnica e manto procedente de Manila.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade