Cargando resultados...
Emoción a pesar das ausencias na procesión da Santa Cea de Cangas
Emoción a pesar das ausencias na procesión da Santa Cea de Cangas
A Confraría da Misericordia non saíu por ter membros enfermos da covid
G24.gal
14/04/2022 20:47
A procesión da Santa Cea do Xoves Santo é unha das máis agardadas en Cangas. Sae presidida pola cruz procesional de prata e ouro e habitualmente conta con pasos valiosísimos do mestre Ignacio Cerviño. Este ano, porén, quedou deslucida pola ausencia da Confraría da Misericordia e dos pasos da Santa Cea e o da Oración na Horta das Oliveiras.
A pesar de que faltaron algúns pasos, as confrarías que sairon fixerono con moita ilusión. E os turistas agradecen que saíra a procesión aínda que o seu percorrido fora máis curto có doutros anos.
A procesión saiu da Colexiata ata o mercado e dende alí volveu á igrexa. Pechándoa, o famoso trono da Virxe das Dores baixo palio.