Cargando resultados...
Día grande das festas do Carme en varias vilas mariñeiras
Ribadeo leva en procesión marítima a patroa dos mariñeiros
G24.gal
20/07/2025 13:46
Última actualización 20/07/2025 14:40
Varias localidades mariñeiras galegas celebran este domingo o día grande das festas na honra da Virxe do Carme, a patroa dos mariñeiros, que conmemora a súa data o 16 de xullo.
En Ribadeo, os actos comezaron ao mediodía cunha misa solemne. Logo, a imaxe da santa foi trasladada ata o porto para embarcar en procesión marítima. A celebración pecha de noite coa tradicional verbena.