A procesión do Cristo da Vitoria reúne milleiros de persoas devotas en Vigo
Esta cita relixiosa, que se celebra o primeiro domingo de agosto, é a máis multitudinaria da cidade
Como cada primeiro domingo de agosto, Vigo celebrou a cita relixiosa máis multitudinaria da cidade: a procesión do Santísimo Cristo da Vitoria, que retransmitiu en directo a Televisión de Galicia.
A talla partiu ás 19:30 horas da concatedral-basílica de Santa María, máis coñecida como a Colexiata, e percorreu as principais rúas da zona vella ata a Porta do Sol, onde membros da asociación de corais polifónicas de Vigo cantáronlle ao Cristo.
Moitos vigueses aproveitan este día para pedir pola súa saúde ou pola solución dos seus problemas. Outros van ofrecidos ou para manter a tradición que herdaron de pais e avós.
Este acto relixioso, tradicionalmente relacionado coa vitoria sobre as tropas napoleónicas que invadiron a urbe no 1809, é un dos que reúne máis persoas devotas en Galicia.
