Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres feridos, dous graves, tras bater un coche contra unha casa en Piñor

Tres feridos, dous graves, tras bater un coche contra unha casa en Piñor

Os feridos graves son os pasaxeiros que ocupaban o asento do copiloto e o traseiro

En Carballeda de Valdeorras outro sinistro deixa 6 feridos

Garda Civil Garda Civil
G24.gal 05/03/2026 19:26

Tres feridos é o balance que deixa o accidente de tráfico na Nacional-525 ao seu paso polo concello ourensán de Piñor. O coche sinistrado saíu da vía e acabou batendo contra unha vivenda. 

Ata o lugar trasladáronse o Servizo do 061, os Bombeiros do Carballiño, a Policía Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Piñor. A dotación de bombeiros  liberar a unha das vítimas que quedara atrapada no interior do vehículo.

En total houbo tres feridos. Os ocupantes do asento do copiloto e do traseiro están graves. O condutor cuxas mancaduras son de carácter leve, dou negativo nas probas de alcohol e drogas.

En Carballeda de Valdeorras outro sinistro deixa 6 feridos

En Carballeda de Valdeorras colidiron dúas furgonetas entre os quilómetros 12 e 13 da estrada OU-122. Desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES de Valdeorras e á Garda Civil de Tráfico.

Despois de que os servizos de emerxencias acudisen ata o punto, puideron confirmar un total de seis feridos, aínda que todos de carácter leve.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade