Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres feridos graves tras unha persecución policial desde Tomiño ata Vigo

Tres feridos graves tras unha persecución policial desde Tomiño ata Vigo

Uns ladróns foxen nun coche roubado e acaban batendo contra un camión en Beade deixando varios feridos 

Levaran a caixa rexistradora dunha gasolineira en Tomiño antes de emprender unha disparatada fuxida 

O coche roubado bateu contra un camión en Vigo
G24.gal 07/10/2023 12:48 Última actualización 07/10/2023 14:38

Tres feridos graves deixa unha persecución de película que protagonizou esta sábado pola mañá a Garda Civil desde Tomiño ata Vigo na procura duns delincuentes. 

Tres ladróns roubaron a caixa rexistradora dunha gasolineira da parroquia de Sobrada en Tomiño, para emprender logo unha disparatada fuxida en que romperon unha barreira da AP-9 e acabaron batendo contra un tráiler na nova circunvalación de Vigo á altura do hospital Álvaro Cunqueiro.

O vehículo roubado era un monovolume que impactou en Beade contra un camión deixando catro feridos de diversa consideración.

Persecución policial entre Tomiño e Vigo Persecución policial entre Tomiño e Vigo

O servizo de emerxencias do 112 recibiu o aviso do accidente da Garda Civil nas inmediacións da rotonda da VG-20 en Beade e coordinou un equipo de servizos sanitarios, bombeiros, Policía Local e Garda Civil de Tráfico.

Os tres pasaxeiros do monovolume quedaron atrapados tras o accidente e foron liberados polos bombeiros e logo trasladados con prognóstico grave ao Hospital Álvaro Cunqueiro. O condutor do camión tamén resultou ferido.

Os axentes comprobaron que o vehículo fora roubado en Vigo e que no seu interior contiña diversos obxectos roubados. A Garda Civil xa abriu unha investigación para esclarecer os feitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade