Publicador de contidos
Publicador de contidos

Transportes adxudica por 11 millóns de euros a rehabilitación da estrada N-540 en Lugo

Transportes adxudica por 11 millóns de euros a rehabilitación da estrada N-540 en Lugo

O estado da infraestrutura vén sendo obxecto de críticas dos usuarios

G24.gal 14/02/2024 11:25

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible (Mitma) adxudicou, por importe de 10.951.414 euros, o contrato de obras para a rehabilitación do firme na estrada N-540, entre os quilómetros 0 e 68,900, na provincia de Lugo, nunha vía que suscitou as queixas dos usuarios debido ao seu mal estado, principalmente do firme.

Así, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria no tramo, farán unha rehabilitación estrutural e superficial do firme, así como actividades complementarias que sexan necesarias para manter os niveis de servizo.

Mapa do treito no que se realizarán as obras (Mitma) Mapa do treito no que se realizarán as obras (Mitma)

A rehabilitación consistirá principalmente nun fresado de parte do firme existente, seguido dun recrecemento en varias capas entre as que se dispoñerán regas de adherencia.

Nas zonas singulares, que son as máis deterioradas, realizarán primeiramente unha demolición do paquete de firmes completo, seguida dunha escavación dun metro de profundidade para, finalmente, repoñer as capas de firme.

Ademais, será necesario a regularización das beiravías, especialmente para garantir a seguridade dos ciclistas e motoristas.

Tras iso, pintarán as marcas viarias e colocarán os respectivos elementos de balizamento. A licitación desta obra realizouse en agosto do ano pasado, e agora o Mitma adxudica a obra por algo menos de medio millón de euros menos do máximo previsto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade