Publicador de contidos

Publicador de contidos

O mal estado do firme da N-540 entre Lugo e Ourense provoca queixas dos usuarios

O mal estado do firme da N-540 entre Lugo e Ourense provoca queixas dos usuarios

O Ministerio de Transportes di que a rehabilitación do firme está en fase de redacción do proxecto

G24.gal 27/03/2023 14:17

Queixas, e moitas, dos usuarios da estrada nacional que une Lugo con Ourense polo pésimo estado do firme. Hai anos que se reclama unha renovación do firme, pero o único que se fai é parchear as fochas máis profundas.

Para circular de Lugo a Ourense pola estrada nacional 540 hai que estar moi pendente para non deixar unha roda no camiño. "Hai moitos reventóns"; "É que se non vas controlando, un día deixas unha roda e outro día outra", explican os usuarios.

Avarías que se producen debido ao mal estado do firme. "É que está nun estado absolutamente lamentable. Hai moitas fochas e ir moi atentos para esquivalas", comentan.

Tanto é así que hai quen prefire coller ruta alternativa para desprazarse entre as dúas cidades, aínda que require facer uns quilómetros máis, indo polo corredor a Monforte e á nacional 120.

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana di que a rehabilitación estrutural do firme continúa en fase de redacción do proxecto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade