Publicador de contidos

Publicador de contidos

Terceira sentenza do Supremo que avala a prórroga á fábrica de Ence en Pontevedra

Terceira sentenza do Supremo que avala a prórroga á fábrica de Ence en Pontevedra

Os maxistrados volven declarar válido o permiso para que Ence ocupe terreos de Costas ata 2073

O complexo industrial de Ence en Pontevedra/Foto de arquivo/Europa Press O complexo industrial de Ence en Pontevedra/Foto de arquivo/Europa Press
G24.gal 24/07/2025 18:29

O Tribunal Supremo estimou o terceiro e último recurso de casación interposto pola empresa Ence contra a sentenza da Audiencia Nacional que anulara a prórroga concedida á súa fábrica de Pontevedra.

Foi o recurso presentado no procedemento iniciado pola Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) e que apoia con esta resolución a sección quinta da Ssala do Contencioso-Administrativo, presidida por Carlos Lesmes.

Os maxistrados, en consonancia cos argumentos das outras dúas sentenzas sobre esta prórroga, as relativas ao Concello de Pontevedra e a Greenpeace, volven declarar válido o permiso para que Ence ocupe terreos de dominio público marítimo terrestre ata 2073.

O Tribunal Supremo non considera aplicable o artigo 32.1 da lei de Ccostas ás prórrogas outorgadas ao amparo do artigo 2 da Lei 2/2013. Na súa resolución, o alto tribunal español rexeita retrotraer as actuacións á Audiencia Nacional, como solicitaba APDR.

A organización ecoloxista alegaba que non se examinaron tres motivos expostos na súa demanda, entre elas que o Goberno estaba en funcións ao ditar a resolución de prórroga ou que debía aplicarse a directiva europea sobre servizos no mercado interior.

O Supremo reitera que dita directiva "non é aplicable" ás prórrogas de concesións do réxime transitorio da lei de costas, xa que estas foron concibidas como compensación a titulares de dereitos anteriores.

O recurso que estima o Supremo, ademais de Ence, foi presentado por outras entidades que apoiaban a continuidade deste complexo industrial, entre eles a Autoridade Portuaria de Marín, os comités de empresa da compañía, empresas auxiliares e asociacións industriais.

Ambos sosteñen que as sentenzas da Audiencia Nacional que anularon a prórroga a Ence deberían ser confirmadas polo Supremo, ao considerar que si era aplicable neste caso a lei de costas de 1988.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade