O Goberno respecta, pero non comparte, a sentenza e Feijóo pide a dimisión de Sánchez por abuso de poder
O Goberno respecta, pero non comparte, a sentenza e Feijóo pide a dimisión de Sánchez por abuso de poder
Bolaños di que iniciaron a busca do sucesor ou sucesora de García Ortiz, e defende o seu labor
O PP acusa a Sánchez de atacar a independencia xudicial e cre que debe pedirlles perdón aos españois
Ayuso celebra que un cidadán, en referencia á súa parella, vencese ao aparato do Estado nunha operación, dixo, dirixida a ela
O ministro de Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, Félix Bolaños, manifestou que a discrepancia coa sentenza condenatoria ao fiscal xeral do Estado Álvaro García Ortiz "non pode implicar desconfianza xeneralizada nas institucións e particularmente na xustiza".
Nunha declaración institucional desde o complexo da Moncloa, Bolaños expuxo que o Goberno "ten o deber legal de respectar a sentenza, pero tamén o deber moral de dicir publicamente" que non o comparte.
Así, trasladou o seu recoñecemento ao labor de García Ortiz como fiscal xeral do Estado "e ao seu compromiso en defensa do servizo público, da lei e da verdade".
Feijóo di que Sánchez debe pedir perdón e que o digno sería dimitir
O líder do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, pediu este xoves a dimisión do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a quen acusou de abuso de poder e de atacar a independencia xudicial ao mostrar o seu apoio ao hoxe condenado fiscal xeral do Estado, Álvaro García Ortiz.
Nunha declaración sen preguntas, Feijóo aseverou que tras a sentenza do Tribunal Supremo e "cun mínimo de decencia" a Sánchez non lle quedaría outra saída que dimitir e convocar eleccións, pero tamén se mostrou convencido de que "esa saída digna" non a tomará.
Ademais, expresou o seu apoio aos xuíces do Supremo que xulgaron ao fiscal, lamentou que a separación de poderes se viu"completamente atropelada" a teor da decisión do tribunal e engadiu que García Ortiz "non cometeu un delito pola súa conta e risco" senón que foi "un peón na estratexia política do Executivo" nunha operación contra Isabel Díaz Ayuso e o PP.
"O fiscal xeral non revelará máis datos confidenciais durante os próximos dous anos". Así se manifestou o Partido Popular na súa conta en X logo de coñecerse que o Tribunal Supremo condenaba a Álvaro García Ortiz.
El Fiscal General del Estado no revelará más datos confidenciales durante los próximos dos años. https://t.co/1rBYAKnJYK
— Partido Popular (@ppopular) November 20, 2025
Ayuso celebra que un cidadán, en referencia á súa parella, vencese ao aparato do Estado
A presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso, asegurou, tras coñecer o fallo que "hoxe o mundo sabe o que está a pasar en España".
Nunha mensaxe colgada na rede social X en español e en inglés, a presidenta madrileña explica que "toda a prensa internacional recolle o fallo do Supremo porque non se concibe nunha democracia libre utilizar os medios do Estado para facer política delinquindo, e todo á conta dun particular".
"Nese banco, segundo Sánchez, sentaba el mesmo", continúa a mensaxe, que conclúe coa frase "hoxe o mundo sabe o que está a pasar en España".
Toda la prensa internacional recoge el fallo del Supremo porque no se concibe en una democracia libre utilizar los medios del Estado para hacer política delinquiendo, y todo a costa de un particular.
— Isabel Díaz Ayuso (@IdiazAyuso) November 20, 2025
En ese banquillo, según Sánchez, se sentaba él mismo.
Hoy el mundo sabe lo…
Ayuso celebrou que un español, en referencia á súa parella que exercía de acusación contra García Ortiz, vencese ao aparato do Estado que foi contra el simplemente por ter unha relación persoal con ela, o que supón un "éxito sen precedentes da democracia", aseguran fontes próximas á presidenta.
Junts: "Para o PSOE, a Xustiza deixa de ser xusta só cando lles afecta a eles"
A portavoz de Junts no Congreso, Míriam Nogueras, queixouse este xoves de que os socialistas só critican as resolucións xudiciais cando lles prexudican a eles. "Para o PSOE a Xustiza deixa de ser xusta só cando lles afecta a eles", indicou, en referencia á reacción do Goberno contra a condena ao fiscal xeral do Estado.
"Os cataláns somos os menos sorprendidos por este desenlace, porque coñecemos ao Supremo e tamén porque sabemos de quen depende a Fiscalía", apuntou Nogueras, antes de lembrar que PSOE e PP pactaron a composición do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) e de concluír que "a corrupción española está institucionalizada, hoxe en 'Xénova' e mañá en Ferraz".
Podemos acusa a dereita de "asasinar civilmente" o fiscal xeral do Estado
A líder de Podemos, Ione Belarra, acusou a "dereita xudicial e mediática" de "asasinar civilmente" o fiscal xeral do Estado coa condena do Supremo para, na súa opinión, "tapar a corrupción" da presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso, e o seu noivo.
"Puro golpismo xudicial. Xa abonda. Que máis ten que pasar para que o PSOE renove o Consello Xeral do Poder Xudicial coa maioría democrática e plurinacional?", engadiu Belarra na súa conta da rede social X.