Cargando resultados...
Morre un mozo de 28 anos nun accidente de moto en Moaña
O rapaz perdeu o control do vehículo
O acompañante resultou ferido nun brazo e foi evacuado a un centro médico
G24.gal
20/11/2025 20:45
Última actualización 20/11/2025 22:24
Un motorista morreu este xoves en Moaña ao perder o control do vehículo e chocar contra unha furgoneta. O acompañante sufriu feridas nun brazo e os servizos sanitarios evacuárono a un centro médico.
O accidente tivo lugar na entrada a Moaña pola Xunqueira. Segundo fontes policiais, o falecido era menor de 30 anos e fillo dun concelleiro do PP no municipio.
O acompañante é fillo dun directivo do Alondras e viaxaba no mesmo vehículo cando se produciu o impacto.