Praias ateigadas nas Rías Baixas onde se superaron os 30 graos
A brisa do mar suavizou a intensa calor rexistrada na costa
Areais ateigados de xente en Praia América e Nigrán, onde hai que facer cola para poder mercar un refresco co que suavizar as altas temperaturas.
Ás portas do verán, os termómetros nas Rías Baixas chegaron aos 30 graos. E a iso hai que sumar mínimas moi altas para esta época do ano, é dicir, de dezasete graos.
Pero mirando como están no sur e no centro do país, moitos asinan por un verán con temperaturas similares ás deste sábado.
Nas praias de Xiorto e Raxó, na ría de Pontevedra, a estampa é semellante. Na auga, baixo o parasol ou na area, todos queren aproveitar este verán adiantado.
O sol e as altas temperaturas seguirán subindo nos vindeiros días propiciadas polo anticiclón e o aire cálido procedente do sur.