Cargando resultados...
Temperaturas por riba dos 30 graos en Ourense
O vento alivia a sensación térmica na provincia máis calorosa de Galicia
Paseo do Miño, na cidade de Ourense
G24.gal
11/06/2022 19:43
Última actualización 11/06/2022 19:52
O día amenceu con nubes altas na provincia de Ourense, houbo bancos de néboa na Limia, en Monterrei, e tamén treboadas, no oriente da provincia: ata cen raios caeron en concellos como Viana ou A Veiga contra o mediodía.
Pero ao longo da xornada, os ceos foron despexando e subiron as temperaturas, entre 31 e 32 na conca do Miño, en Ourense cidade, en Leiro e en Castrelo, pero a máxima da provincia, e de toda Galicia, foi en Verín, 33 graos.
Un día moi caloroso, só aliviada esa sensación térmica polo vento, e, polo tanto, un día ideal para refrescarse nas praias fluviais da provincia.