Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rigoberta Bandini, Sanguijuelas del Guadiana e Nortec: Bostich + Fussible: novas incorporacións no festival PortAmérica 2026

Rigoberta Bandini, Sanguijuelas del Guadiana e Nortec: Bostich + Fussible: novas incorporacións no festival PortAmérica 2026

O festival PortAmérica terá lugar na Azucreira de Portas (Caldas de Reis) os días 9, 10 e 11 de xullo de 2026

Estas novas incorporacións súmanse ás xa anunciadas este luns: o solista Grande Amore, e os grupos Eladio y los Seres Queridos e The Rapants, todos eles de orixe galega

Primeiras confirmacións do PortAmérica Primeiras confirmacións do PortAmérica
G24.gal 21/11/2025 09:55

A artista Rigoberta Bandini e as bandas Sanguijuelas del Guadiana e Nortec: Bostich + Fussible incorpóranse ao cartel da nova edición do festival PortAmérica, que terá lugar na Azucreira de Portas (Caldas de Reis) os días 9, 10 e 11 de xullo de 2026. Estas novas incorporacións súmanse ás xa anunciadas este luns: o solista Grande Amore, e os grupos Eladio y los Seres Queridos e The Rapants, todos eles de orixe galega, conformarán a cabeza de cartel do festival.

Os abonos xa están dispoñibles e, segundo a propia organización cun ritmo de vendas "moi positivo". O ano anterior o festival conseguiu esgotar todas as súas entradas. Así pois, o grupo vigués Eladio y los Seres Queridos anunciou dous concertos que levarán a cabo da man de FNAC, acompañados dunha firma de discos. O primeiro terá lugar este venres 21 de novembro ás 19:00 en FNAC A Coruña, mentres que o segundo será en Vigo, o sábado 29 de novembro á mesma hora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade