Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os hoteis de Lugo, a piques de colgar o cartel de 'completo' para as datas do Arde Lucus

Os hoteis de Lugo, a piques de colgar o cartel de 'completo' para as datas do Arde Lucus

Para a noite do sábado algúns hoteis xa non teñen prazas

A ocupación é do 80% para o venres

G24.gal 27/05/2022 14:35 Última actualización 27/05/2022 15:19

Nos hoteis da cidade de Lugo os teléfonos non paran de soar e nas recepcións non paran de entrar reservas para as festas do Arde Lucus. Para o sábado, o día grande, hai xa establecementos completos, e os niveis de ocupación son tamén moi elevados para a xornada do venres. Unhas reservas que comezaron xa hai meses.

Héctor Castro, director do hotel Santiago: "Moi ben, é o ano que máis anticipación hai. O sábado xa está cheo e aínda que despois sempre vai habendo algunha cancelación van entrando outras reservas. O que si que é curioso é que o venres tamén está moi ben, aínda faltan 15 días e o venres está xa ao 80% de ocupación".

As previsións e as altas expectativas postas na festa son semellantes en todos os hoteis da cidade e mesmo sinalan que a situación semella mellor que mesmo antes da pandemia. Abundan as pernoitas e non faltan tampouco as reservas para xantar ou cear.

Miguel Ángel Cortés, director de eventos do hotel Méndez Núñez: "A día de hoxe para o Arde Lucus estamos ao 95%, practicamente cheos no hotel e as reservas no restaurante están a un 80 ou 90%, xa quedan poucas prazas e as perspectivas son boas".

En apenas 15 días, visitantes e veciños, romanos e castrexos, encherán hoteis e rúas de Lugo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade