Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prohibido ouriñar e reservar sitio nos areais de Sanxenxo

Prohibido ouriñar e reservar sitio nos areais de Sanxenxo

Unha restrición que xa implantaron noutras localidades como Bueu ou Marín

Non se pode molestar o resto dos bañistas con música ou instrumentos

G24.gal 29/06/2022 12:44

Nova normativa nos areais de Sanxenxo. Ouriñar no mar e reservar sitio na praia está prohibido este verán no municipio pontevedrés. Unha restrición que xa implantaron noutras localidades como Bueu ou Marín.

Non cumprir a norma supón sanción. O problema está en como controlar que se está incumprindo a ordenanza dentro da auga. O Concello fomentará a instalación de aseos precisamente para facilitar o cumprimento.

Tampouco se pode deixar a toalla para gardar o sitio. Os servizos municipais poderán retirar os parasoles e toallas. Por outra parte, non se pode molestar o resto dos bañistas con música ou instrumentos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade