Publicador de contidos

Publicador de contidos

O incendio de Herbón evoluciona favorablemente tras arrasar 350 hectáreas, pero aprázase por prevención o levantamento da situación 2

O incendio de Herbón evoluciona favorablemente tras arrasar 350 hectáreas, pero aprázase por prevención o levantamento da situación 2

O levantamento do nivel dous de alerta aprazouse ata as primeiras horas da mañá como medida preventiva, segundo o alcalde de Padrón

As treboadas deixaron chuvias en zonas con focos activos e axudaron a mellorar a situación do lume

Os veciños desaloxados o sábado á tarde puideron volver xa aos seus fogares

G24.gal 14/06/2026 15:04 Última actualización 15/06/2026 02:34

Os medios continúan traballando na extición do lume que afecta a varias localidades de Padrón, nun incendio que leva calcinadas xa 350 hectáreas.

O alcalde de Padrón declarou este domingo que a parroquia de Herbón, afectada por este incendio, despois de 28 horas, recuperou a subministración eléctrica

A Xunta manten o nivel dous de alerta por precaución.

​​​​​​As previsións sobre a evolución do incendio de Herbón son hoxe máis optimistas, grazas en boa medida aos trebóns de auga que caeron durante a noite en zonas en que o lume estaba ainda moi activo.

"Agora mesmo estamos a realizar traballos de control e de remate. Especialmente estamo en Cabeza, no flanco dereito. Preto da poboación de Cruxeiras, non hai ningunha situación agora crítica, pero estamos a traballar nesa zona", explica Manuel Francisco Guitérrez, o director xeral para a Defensa do Monte.

A situación descontrolárarse onte á tarde cando se reactivou un foco de especial virulencia que chegou a arrasar máis de duascentas hectáreas en só unhas horas. Obrigou a decretar o nivel dous de alerta pola proximidade ás casas e mesmo a desaloxar ata dez vivendas afectadas polo fume.

Os veciños puideron volver ás súas casa xa a última hora de onte, cando tamén se recuperou o suministro eléctrico.  

"Habilitaron o pavillón que non fixo falta ao final. Porque dixeron que era moito mellor durmir fóra de aquí polo fume. Pero á unha da mañá deixáronnos volver".

Malia as boas perspectivas o operativo de extinción segue a traballar sobre o terreo para evitar novas reactivacións e conseguir estabilizar un incendio que se declaraba o venres á tarde e que afecta xa dous concellos, despois de que onte saltara ata o veciño de Teo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade