Crece a preocupación polo incendio de Boborás pola proximidade ás casas
O lume arrasou xa 50 hectáreas e aproxímase cara as poboaciós da Fenteira e Sonelle
As autoridades informan do corte da estrada de Feás a Fenteira para facilitar os labores de extinción
O incendio forestal declarado na noite do sábado en Boborás xa calcinou máis de 50 hectáreas, segundo as estimacións ofrecidas pola Consellería do Medio Rural. Aínda que non hai vivendas afectadas, a orografía "complexa" da zona favoreceu o seu avance.
ACTUALIZACIÓN da superficie afectada polo #IFMoreirasBoborás: arredor de 50 hectáreas
— incendios 085 (@incendios085) June 14, 2026
O lume iniciouse sobre as 22:00 da noite do sábado, na parroquia de Moreiras, tras a caída dun raio. Debido á hora, non puideron mobilizarse medios aéreos ata esta mañá. Iso dificultou inicialmente a extinción do lume, que empezou "en medio do monte", explica a alcaldesa, Patricia Torres.
Os medios de aéreos xa están actuando para a súa extinción na zona entre O Gabián e Becoña. Segundo traslada a consellería do Medio Rural, para a súa extinción mobilizáronse 2 técnicos, 4 axentes, 8 brigadas, 5 motobombas, 2 unidades técnicas de apoio, 4 helicópteros e 4 avións. Están asignados dous avións anfibios Foca, dous avións con base en Beariz e helicópteros procedentes da base da Merca.
Ao dispotivo da Xunta uníronse a primeira hora da tarde medios do Ministerio de Transición Ecolíxca con efectivos do BRIF de Laza, tres avións anfibios e un helicóptero.
Preocupa a súa situación, na zona alta da montaña, xa que se está a estender cara as poboacións da Fenteira e Sonelle, ambas as dúas pertencentes ao municipio. As autoridades informan do corte da estrada de Feás a Fenteira para facilitar os labores de extinción
O director xeral de Defensa de Montes, Manuel Francisco Guitiérrez, declarou este domingo que polo de agora non hai riesgo para estas aldeas.
Actualmente, os traballos de extinción céntranse na cabeza do lume, que é a que está máis preto das casas.