Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión para o mozo acusado de ferir dúas persoas na Festa do Albariño en Cambados

Prisión para o mozo acusado de ferir dúas persoas na Festa do Albariño en Cambados

O acusado é un veciño de Marín de 22 anos. Está investigado por lesións agravadas.

Arrestado un home en Cambados por unha agresión con arma branca

Imaxe da detención do acusado. Foto: CEDIDA/Garda Civil. Imaxe da detención do acusado. Foto: CEDIDA/Garda Civil.
G24.gal 03/08/2025 14:21

A maxistrada do Tribunal de Instancia de Cambados praza 3, en funcións de garda, decretou este domingo o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza do mozo de 22 detido por agredir cun obxecto cortante a dúas persoas nesa localidade pontevedresa.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, está investigado por lesións agravadas.

A agresión produciuse durante a Festa do Albariño que se celebra na vila pontevedresa esta semana.

Un dos feridos necesitou ser hospitalizado, segundo fontes da investigación, mentres que a outra presentou lesións de carácter leve.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade