Cargando resultados...
Arrestado un home en Cambados por unha agresión con arma branca
O detido é un veciño da provincia de Pontevedra que non reside na propia vila e a vítima foi trasladada ao PAC da vila

G24.gal
02/08/2025 09:14
Última actualización 02/08/2025 18:19
Un home foi detido en Cambados por unha agresión con arma branca. O incidente aconteceu a pasada noite na rúa Manuel Murguía, moi preto da casa do concello. O detido é un veciño da provincia de Pontevedra que non reside na propia vila.
Tras a agresión foi detido pola Policía Local. Agora, a Garda civil é a que se encarga da súa custodia ata que pase a disposición xudicial. A vítima é outro home que foi trasladado ao PAC de Cambados. Esta fin de semana a vila celebra a Festa do Albariño.