Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha muller falece tras ser atropelada en Cabana de Bergantiños

Unha muller falece tras ser atropelada en Cabana de Bergantiños

A persoa que informou ao 112 manifetsou que a muller fora atropelada no quilómetro 3 da AC-429, no lugar de Cesullas

Os servizos acudiron ata o punto onde se produciu o accidente, aínda que non puideron evitar o falecemento da ferida

G24.gal 10/12/2025 14:02

Unha muller faleceu este mércores ao ser atropelada por un vehículo en Cabana de Bergantiños. O 112 Galicia informou de que recibiu o primeiro aviso por mor deste accidente uns minutos despois das 11:30 horas desta mañá.

O alertador indicou que unha muller fora atropelada no quilómetro 3 da AC-429, no lugar de Cesullas. O 112 solicitou a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Ponteceso, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local. Os servizos acudiron ata o punto onde se produciu o accidente, aínda que non puideron evitar o falecemento da ferida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade