Publicador de contidos

Publicador de contidos

Declarado un incendio industrial nunha nave de almacenaxe no Barco de Valdeorras

Declarado un incendio industrial nunha nave de almacenaxe no Barco de Valdeorras

Mobilizáronse Bombeiros, GES de Valdeorras, a Garda Civil e a Policía Local do Barco de Valdeorras; así como, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tamén foron alertados

É o segundo incendio nestas instalacións. O primeiro tivo lugar en febreiro de 2022 e tardouse en extinguilo 14 horas

G24.gal 10/12/2025 18:25

Unha nave de almacenaxe do municipio ourensán do Barco de Valdeorras está a verse afectada por un incendio industrial.

Segundo informou o 112, o lume puido orixinarse nunha nave de almacenaxe de resina de Xagoaza Pinaster, na Avenida de Galicia. Foi a Policía Local do Barco de Valdeorras a que alertou o servizo, pasadas as 15:30 horas. O fume percíbese dente varios puntos do centro urbano do lugar.

Ata o lugar desprazáronse Bombeiros e GES de Valdeorras, a Garda Civil e a Policía Local do Barco de Valdeorras. Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tamén foron alertados, aínda que de maneira preventiva.

É a segunda vez en menos de tres anos que se declara un incendio no mesmo territorio. En febreiro de 2022 xa ardera a resina e afectara outras naves próximas. Neste suceso, a extinción do lume prolongouse máis de 14 horas e foi preciso mobilizar bombeiros e GES de varios puntos da provincia de Ourense e do sur de Lugo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade