Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condenados a seis anos de internamento os dous menores que mataron unha educadora social en Badaxoz

Condenados a seis anos de internamento os dous menores que mataron unha educadora social en Badaxoz

Os menores condenados terán que indemnizar, canda a Junta de Estremadura, os familiares da vítima con máis de 620.000 euros

Vivenda de Badaxoz onde vivían os menores tutelados (EFE/José Luis Real) Vivenda de Badaxoz onde vivían os menores tutelados (EFE/José Luis Real)
G24.gal 10/12/2025 19:43

O Xulgado de Menores número 1 de Badaxoz condenou a seis anos de internamento en réxime pechado os dous menores que mataron a educadora social que estaba con eles nun piso tutelado o pasado mes de marzo na capital pacense.

A xuíza imponlles esta pena ao consideralos culpables dos delitos de asasinato e roubo con violencia en casa habitada, ademais un deles condénano polos delitos de condución sen permiso e danos.

Así mesmo, imponlles a pena de tres anos de liberdade vixiada, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Estremadura (TSJEx) en nota de prensa.

A sentenza condena ademais nesta mesma causa unha terceira menor polo delito de cómplice de asasinato e roubo con violencia en casa habitada á que se lle impón a pena de cinco anos de internamento en réxime pechado e outros tres anos de liberdade vixiada.

Os feitos sucederon durante a noite do 9 de marzo de 2025, nun piso tutelado da urbanización Guadiana en Badaxoz, onde estaban custodiados os menores, e o corpo foi achado pola Policía a madrugada do 10 de marzo.

Os menores condenados terán que indemnizar de forma directa e solidaria coa Junta de Extremadura os familiares da vítima con máis de 620.000 euros.

A sentenza, que foi notificada este mércores ás partes, non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación #ante a Audiencia Provincial de Badaxoz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade