Publicador de contidos

Publicador de contidos

Porto do Son énchese de cor para celebrar a súa popular Festa Hortera

Porto do Son énchese de cor para celebrar a súa popular Festa Hortera

Comezou o día 1 e este sábado 2 de agosto poñía o punto e final á súa XXIV edición

Entre as moitas actividades destaca a coñecida carreira de tacóns

G24.gal 02/08/2025 21:32

Calor, alegría e moita cor. Estas son as características principais que definiron a Festa Hortera de Porto do Son neste 2025. Unha fin de semana repleta de festas en toda Galicia, pero que ten de especial esta en concreto que fai aos seus asistentes decantarse por ela?

"Creo que é a festa máis divertida, a festa do bo ambiente e aquí sempre o pasas ben", comenta unha das persoas asistentes.

"É a fin de semana da Hortera. Non hai que ir a outro lado, hai que ir a Porto do Son", afirma outra das asistentes.

O requisito principal desta festa é, como o seu propio nome indica, vir vestido de xeito hortera, de xeito charramangueiro, e a xente toma esta indicación ao pé da letra.

"Para vir aquí ou ves hortera ou é mellor quedar na casa", asegura un dos asistentes.

Foron moitas as actividades que estaban programadas para esta festa. A inauguración dunha rúa co nome de Freddie Mercury, o photocall ou a súa popular carreira de tacóns son só algunhas delas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade