Cargando resultados...
Ourense terá unha vía para peóns e ciclistas que atravesará a cidade de norte a sur
Une a estación intermodal co centro da cidade e complétase co acceso ao complexo hospitalario
G24.gal
29/03/2023 16:00
Última actualización 29/03/2023 16:22
A Xunta traballa nun itinerario para promover unha mobilidade máis sostible e segura en Ourense.
Trátase dunha vía de cinco quilómetros que atravesa a cidade de norte a sur e na que e teñen prioridade peóns e ciclistas.
Une a estación intermodal co centro da cidade, polo que é a principal porta de entrada dos viaxeiros a Ourense.
A Xunta conta con que os dous primeiros treitos desta conexión norte sur, entre a Estación e Expourense, estean a disposición dos usuarios a finais de 2024.
A conexión completarase co acceso ao complexo hospitalario de Ourense. A obra suporá un investimento superior aos oito millóns de euros.