11 voos con atraso en Santiago nunha nova xornada de folga de Ryanair
Once voos foron cancelados ata as 13:00 horas deste luns e 99 sofren atrasos, 11 en Santiago de Compostela, seis de saída e cinco de chegada
O tripulantes de cabina está convocados a catro xornadas de folga esta semana. É a última quenda de paros de xullo
Easy Jet anuncia paros de venres a domingo
Once voos foron cancelados ata as 13:00 horas deste luns e 99 sofren atrasos, 11 en Santiago de Compostela, na primeira xornada de folga das catro á que están convocados esta semana en España os tripulantes de cabina de pasaxeiros en Ryanair. A folga está convocada polos sindicatos USO e Sictpla, segundo os datos dos propios sindicatos.
Dos voos que sufriron atrasos no aeroporto da Lavacolla, seis deles foron voos de saída e cinco de chegada.
En total suspendéronse once voos con orixe ou destino en España, e os máis afectados volveron a ser os aeroportos de Barcelona, nove cancelacións, e Palma de Mallorca con catro, onde se suspenderon operacións que enlazan ambos os aeródromos e principalmente con capitais europeas.
En canto aos atrasos, contabilizáronse un total de 99, dos que 24 corresponden ao aeroporto de Palma de Mallorca; 16, a Barcelona; 13, a Alacante; 11, a Santiago de Compostela e Málaga respectivamente; sete, a Madrid, cinco a Sevilla e catro a Xirona, Valencia e Eivisa.
No caso do aeroporto de Málaga-Costa do Sol, saíron con demora catro voos e cinco chegaron tarde, e no de Sevilla, producíronse atrasos en dúas saídas e dúas chegadas. No aeroporto do Prat, os voos cancelados ata as 09:00 eran os que tiñan que saír de Barcelona con destino Milán, Roma, Palma de Mallorca e Londres, e os que tiñan prevista a súa chegada á capital catalá desde Londres, Milán, Palma de Mallorca, Roma e Vigo; así mesmo, a folga causou atrasos noutros 6 voos, 2 de saída e 4 de chegada a Barcelona.
Os tripulantes de cabina de Ryanair están convocados esta semana á última quenda prevista de paros prevista en xullo nos aeroportos españois onde opera a liña aérea irlandesa de baixo custo, tras as recentes xornadas de folga do 12 ao 15 e do 18 ao 21 deste mes.
Folga en Easy Jet
E outra compañía, Easy Jet anuncia folga de venres a domingo.