Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sábado arranca en Chapela a Liga Galega de Traiñeiras 2025

O sábado arranca en Chapela a Liga Galega de Traiñeiras 2025

Este ano participarán vinte e sete embarcacións, máis de 640 remeiros

Serán un total de 27 regatas distribuídas entre Mugardos, Muros, Rianxo, O Grove, A Pobra, Oleiros, Moaña, Ferrol, Bueu, Cesantes, Narón, Boiro e Castropol

G24.gal 24/06/2025 17:14 Última actualización 24/06/2025 18:32

A presentación oficial da Liga Galega de Traiñeiras celebrouse no arenal de Cabío (A Pobra do Caramiñal), co Club Remo Puebla como anfitrión, ao ser a súa sede escollida para o acto. O evento contou coa participación do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; o presidente da Liga Galega de Traiñeiras; Javier Rodríguez; o alcalde de A Pobra, José Carlos Vidal e representantes dos distintos clubs. Ademais, rendeuse unha homenaxe ao remeiro olímpico en Roma no ano 1960, Franco Cobas.

A Liga comezará este sábado 28 de xuño no campo de regatas Bahía de Chapela (Redondela). Participarán un total de vinte e sete regatas nos lugares costeiros da Coruña, Pontevedra e Castropol en Asturias, durante os meses de xuño, xullo e agosto, finalizando o 24 de agosto en Moaña.

Nesta temporada destaca a ausencia de claros favoritos ao título nas tres competicións do Trofeo de Galicia —Liga A, Liga B e Liga Feminina—. Na Liga A masculina competirán once tripulacións, na Liga B Puebla catro e na Liga Feminina un total de dez, tres máis que na campaña anterior. 

"O que máis destaca da liga é o aumento da participación feminina. A liga cada vez é máis feminina"

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade