Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Confederación Hidrográfica mantén en nivel vermello o río Miño na Peroxa, e a Xunta tamén alerta sobre o Mandeo en Coirós

A Confederación Hidrográfica mantén en nivel vermello o río Miño na Peroxa, e a Xunta tamén alerta sobre o Mandeo en Coirós

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil activou o nivel vermello no punto de control do río Miño ao seu paso polo concello da Peroxa

A previsión para este martes anuncia unha pequena tregua nas precipitacións, que terán carácter feble e intermitente e mesmo con posibilidade de apertura de claros

As enchentes dos rios Belelle e Basteiro manteñen en vilo aos veciños de Neda

Enchente do Miño ao seu paso por Ourense (TVG)
G24.gal 17/02/2026 10:16 Última actualización 17/02/2026 14:06

A Confederación Hidrográfica Miño Sil (CHMS) activou o nivel vermello no punto de control do río Miño ao seu paso pola Peroxa, e mantén en nivel laranxa noutros catro puntos.

Así, ademais do nivel vermello na Peroxa, onde a altura do Miño supera os 6 metros, está activado o nivel laranxa noutros tres puntos do río: a confluencia co Avia en Ribadavia, Salvaterra e a cidade de Ourense. Igualmente, está en nivel laranxa o río Avia en Ribadavia.

Pola súa banda, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta mantén activo o Plan Inungal ante o risco de inundacións en fase de preemerxencia, con máis de media ducia de ríos baixo vixilancia.

Tras a última actualización, está en nivel vermello por risco moi elevado de desbordamentos, ademais do Miño na Peroxa, o río Mandeo ao seu paso por Coirós. A estes súmanse outros ríos en nivel laranxa, con risco elevado: os ríos Mera (Ortigueira), Rego das Mestas (Valdomiño), Cádavo (Fene), Xubia (San Sadurniño), Mero (Cambre), Barcés (Abegondo), Valiñas (Culleredo), Cambeda (Vimianzo) e Tambre (Oroso e Trazo), na provincia da Coruña.

Na provincia de Pontevedra están en nivel laranxa Baixo Umia (Ribadumia), Lérez (Pontevedra), Miñor (Gondomar), Cabeiro (Redondela) e Miño (Salvaterra de Miño), e en Ourense, os mesmos sobre os que alerta a CHMS: Miño (Ourense), Avia-Miño (Ribadavia) e Avia (Ribadavia).

A previsión para este martes anuncia unha pequena tregua nas precipitacións, que terán carácter feble e intermitente e mesmo con posibilidade de apertura de claros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade