Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Pescados Rubén Burela recibe a Medalla Castelao

O Pescados Rubén Burela recibe a Medalla Castelao

O equipo das guerreiras laranxas foi galardoado con este prestixioso premio, froito do seu traballo e dominio no seu ámbito deportivo

G24.gal 28/06/2022 13:49 Última actualización 28/06/2022 14:01

A Xunta de Galicia condecora o equipo do Pescados Rubén Burela feminino de fútbol sala coa medalla Castelao 2022, premios nos cales, conforme establece Rueda, “aos gañadores recoñéceselles o seu traballo, logros e que leven o nome de Galicia máis aló das nosas fronteiras”.

O equipo das guerreiras laranxas foi galardoado con este prestixioso premio, froito do seu traballo e dominio no seu ámbito deportivo.

O presidente da Xunta referíase ao conxunto mariñán como “unha institución referente no mundo do deporte e na promoción da igualdade na sociedade”. Isto é así, xa que este equipo leva sendo o máximo representante do fútbol sala mundial, comprendendo xogadoras da maior consideración internacional. E debido ao seu éxito, o seu deporte cada vez é máis seguido e apoiado pola xente.

Como logros destacaban que o equipo é tetracampeón da Supercopa de España, campión da Futsal Women's European Champions e nomeado mellor equipo de fútbol sala feminino do mundo e un longo etc de títulos no seu palmarés.

"Somos orgullo laranxa porque somos parte de un club pioneiro na defensa da igualdade laboral e dos dereitos profesionais das mulleres deportistas"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade