Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Burela terá que buscar a final no seu fortín de Vista Alegre

O Burela terá que buscar a final no seu fortín de Vista Alegre

Perdeu na pista do Futsi Navalcarnero o segundo partido da semifinal (4-1)

G24.gal 03/06/2025 22:50 Última actualización 03/06/2025 23:14

O Burela Fútbol Sala xogarase a posibilidade de estar na final da Liga Feminina no seu fortín de Vista Alegre. Non puido resolver a eliminatoria diante do Futsi Navalcarnero no segundo partido da serie despois de gañar o primeiro encontro e perder o segundo por 4-1. 

Foi un encontro moi igualado no que o Futsi impuxo a súa fortaleza defensiva. Un gol de Patri Blázquez xusto antes do descanso (minuto 17) e o tanto de Leninha mediado o segundo tempo encamiñaron a vitoria do equipo madrileño. 

Arriscou Julio Delgado con porteira - xogadora e acabou tirando proveito da situación o Futsi para marcar o terceiro cunha recuperación e disparo certeiro de Ariane.

O Burela insistiu no risco e recurtou diferenzas a catro minutos do final cun tanto de Carolina. No último minuto Laura Córdoba marcou de cabeza o definitivo 4-1 a prol do conxunto local. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade