Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro pecha o plantel coa fichaxe do croata Dragan Bender

O Obradoiro pecha o plantel coa fichaxe do croata Dragan Bender

É un ala-pivote de 2,12 metros e 24 anos que procede do Maccabi Tel Aviv

O Obradoiro presenta a Marcus Paige, reforzo para o posto de escolta

G24.gal 23/08/2022 12:14 Última actualización 23/08/2022 12:38

O Monbus Obradoiro chegou a un acordo con Dragan Bender para a súa contratación para a tempada 2022/23. Este ala-pivote de 2,12 metros e 24 anos procede do Maccabi Tel Aviv, club no que militou as últimas dúas tempadas. Na pasada campaña, o croata disputou soamente dous partidos oficiais, coa súa Selección durante as Xanelas FIBA, pois se estivo recuperando da grave lesión de xeonllo que sufrira nas semifinais da anterior edición da liga de Israel.

Tras o seu paso pola Academia Nikola, o KK Split e o KK Ribola Kastela, con 16 anos de idade asinaría un contrato de 7 tempadas co Maccabi, aínda que ao cabo de dous veráns emigraba a Estados Unidos tras resultar elixido polos Phoenix Suns na cuarta posición de draft da NBA. Despois de 4 tempadas e 187 partidos disputados (xogou tamén en Milwaukee Bucks e Golden State Warrrios) na competición americana, regresou ao club hebreo.

"Dragan é un á-pivote que poderá formar parella con calquera dos xogadores interiores que temos, xa no equipo mercé ao seu tamaño, polivalencia e tiro exterior. Vén de estar un ano sen xogar, pero temos confianza no seu talento, capacidade de traballo e ilusión por regresar ao máximo nivel", afirma o director xeral do club, José Luis Mateo.

 

Mentres, o equipo santiagués presentou esta mañá a Marcus Paige. Naceu o 11 de setembro de 1993 en Cedar Rapids (Iowa, Estados Unidos), cumprirá os 29 anos en Santiago. Formado en North Caroline, este escolta de 1,86 m. foi elixido por Brooklyn Nets no posto 55 do draft de NBA, alí onde Juancho Hernangómez ocupou a posición 15 (Denver) e Yabusele a 16 (xogou en China un ano antes de asinar con Boston).

Marcus Paige apenas xogou cinco partidos na NBA e debutou en Europa co Partizan de Belgrado, promediando 10,9 puntos na Eurocup, cun 34,8 % de acerto nos triplos que mellorou en campañas posteriores (42,6 % e 44,2 %), case sempre por encima do 82 % nos tiros libres e con tres asistencias por día.

A pasada temporada xogou no Orleans francés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade