Un terremoto de magnitude 7,1 sacode o sur do Xapón e activa unha alerta por tsunami
O sismo rexistrouse na prefectura de Kumamoto e as autoridades prevén ondas de ata un metro
Kyodo/via Reuters
Un terremoto de magnitude 7,1 sacudiu este martes a prefectura de Kumamoto, no sur do Xapón, e obrigou as autoridades a activar unha alerta por tsunami para varias zonas da costa.
O sismo produciuse ás 16:27 horas local, cun epicentro situado uns dez quilómetros de profundidade baixo a ila de Kyushu. Algunhas áreas rexistraron o nivel máximo na escala sísmica xaponesa, que mide a intensidade do tremor na superficie e o seu potencial destrutivo.
Sen constancia de vítimas nin danos
A Axencia Meteorolóxica do Xapón advertiu da chegada de ondas de ata un metro de altura e convocou unha conferencia de prensa para ofrecer máis detalles sobre á situación.
Polo momento, non hai constancia de vítimas nin de danos materiais. O Xapón atópase no chamado Anel de Lume do Pacífico, unha das zonas con maior actividade sísmica do mundo, polo que as súas infraestruturas están deseñadas para resistir terremotos.
A primeira ministra xaponesa, Sanae Takaichi, advertiu de que poderían producirse novos sismos de intensidade similar e pediu á poboación que permaneza alerta e siga as indicacións das autoridades.