Publicador de contidos

Publicador de contidos

O lehendakari cita os presidentes de Galicia, Asturias e Cantabria para reivindicar a conexión ferroviaria con Europa

O lehendakari cita os presidentes de Galicia, Asturias e Cantabria para reivindicar a conexión ferroviaria con Europa

A reunión celebrarase o próximo luns en Vitoria

G24.gal 07/03/2023 16:43

O lehendakari Iñigo Urkullu cita os presidentes de Galicia, Asturias e Cantabria para reivindicar a conexión ferroviaria con Europa. A reunión celebrarase o próximo luns en Vitoria co obxectivo de compartir iniciativas ante demandas comúns aos territorios atlánticos, entre as que destaca a conexión por tren con Francia.

Os gobernos de Galicia e Asturias tamén fan fronte común con Castela e León para esixirlle ao Executivo os investimentos necesarios no Corredor Atlántico.

Corredor atlántico ferroviario

 O Goberno central cifra en 16.000 millóns o presuposto pendente de investir para completar en 2050 o Corredor Atlántico, que é clave para impulsar o transporte de mercadorías por tren co resto de Europa.

O comisionado do Ministerio de Transportes presentou na Coruña os detalles desta infraestura, un día despois de facelo en Asturias. No mes de outubro anunciarán o calendario das actuacións pendentes.

"A velocidade de cruceiro que ten o corredor atlántico agora hai que mantela. Conseguimos igualarnos ao corredor mediterráneo en termos orzamentarios e temos que seguir así", afirma José Antonio Sebastián, comisionado do Goberno para o corredor atlántico.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade