Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno xa concedeu o 50 % das solicitudes de regularización de inmigrantes

O Goberno xa concedeu o 50 % das solicitudes de regularización de inmigrantes

Este xoves ofrecerá as cifras detalladas dun proceso que cualifica de éxito

O executivo descarta que a xustiza poida deixar sen efecto o proceso

O PP lamenta que España actue de costas á política europea

Mañá coñeceremos as cifras detalladas do proceso de regularización de inmigrantes
G24.gal 01/07/2026 13:29

O Goberno arremete contra o Tribual Supremo e tira de cautela cando se lle pregunta se sería posible suspender o proceso de regularizacion. 

O ministro de Transportes, Óscar Puente, cualificou de "sorprendente" que o Tribunal Supremo estude preguntar ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) se a regularización de migrantes choca co dereito comunitario.

"É unha decisión que a min paréceme realmente sorprendente, parece que tamén nisto quere que o Parlamento sexa un elemento meramente decorativo e quere que non lexisle, que non tome decisións", criticou o ministro.

​​​​O 50 % das máis dun millón de solicitudes de regularización presentadas nos últimos dous meses e medio xa se concederon. Anunciouno a ministra de Migracións horas antes de detallar as cifras oficiais dun proceso que fulminou todas as previsións do executivo.

Presentáronse máis dun millón de solicitudes, cando a primeira estimación era medio millón. Elma Saiz celebrou o éxito desta medida extraordinaria e asegurou que xa foron admitidas a trámite máis de medio millón de solicitudes. 

Sobre a posibilidade de que o Tribunal Supremo eleve o decreto ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) ante a dúbida de que a medida poida chocar coa normativa comunitaria, Saiz quixo lanzar unha mensaxe de tranquilidade e insistiu en que a regularización só afecta a España e que non serve para desprazarse por outros países.

"Falamos dunha medida que se circunscribe ao ámbito nacional. O permiso é para traballar e residir en España para persoas que xa están aquí. A normativa do noso país respecta absolutamente o marco europeo", subliñou.

O Goberno lembra que o Supremo non paralizou a regularización e que o permiso de residencia e traballo é só para España. No entanto, non quixo entrar na posibilidade de que a xustiza europea acabe suspendendo o proceso. Aínda que onte no Goberno si que expresaron a seguridade de que calquera sentenza xudicial chegará coa regularización xa completada e, por tanto, non poderá reverter os dereitos xa concedidos, a ministra foi hoxe menos contundente.

"Non estamos nesa pantalla", asegurou Saiz, que quixo poñer en valor o apoio que considera que fixo o Supremo á medida cando rexeitou as medidas cautelares solicitadas nos recursos de Madrid e Vox.

As comunidades de Valencia e Aragón defenden que se suspenda a regularización. Este venres, o executivo plasmará a súa posición contraria nas alegacións que enviará ao Supremo.  

O PP advirte sobre a postura de España e lamenta que se impedise un debate sereno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade