Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Coruxo derrota o Compostela no derbi do Vao (1-0)

O Coruxo derrota o Compostela no derbi do Vao (1-0)

Yago Gandoy resolveu o partido cun gol na primeira metade

O Compostela ve afastarse a posibilidade do ascenso directo

G24.gal 12/03/2023 14:19

O Coruxo gañou o derbi diante do Compostela, firme candidato ao ascenso, e deixou o posto de play out da segunda Federación. Foi na primeira vitoria con Javier Maté e Xurxo Otero no banco do Vao, nun partido en que os vigueses foron facéndose co control co paso dos minutos, logo dunha boa saída do Compostela que non foi quen de atinar coa portería de Alberto.

A xogada clave chegou aos 35 minutos de partido. Un roubo de balón na frontal da área do Compostela permitiulle a Gandoy recibir e rematar axustado preto do pau de Borja Rey. Un gol que deixou tocados aos de Fabiano.

Puido chegar a sentenza do partido en varias ocasións laras dos locais, como un gol anulado moi protestado e tamén cunha boa xogada de ataque que Pitu non foi quen de concluír logo da asistencia de Yelko.

Non chegou ese segundo tanto do Coruxo, e o Compostela acabou dominando no treito final, cun par de remates de Riki Mangana e outro par de ocasións que se pasearon pola área de Alberto

A vitoria dálle ao Coruxo unha marxe de tres puntos sobre o descenso. O Compostela queda a doce do liderado, que segue a ocupar o Arenteiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar